Son compositor de música para audiovisual e técnico de son.
Compoño música orixinal para todo tipo de traballos audiovisuais, ocupándome de todos os procesos, desde a propia composición, á interpretación, a gravación e as mesturas.
Nalgúns traballos tamén realizo propostas de musicalización para poder comprobar o funcionamento das músicas na montaxe.
En canto ao son, ocúpome tanto do directo como da posprodución de son.
Conto cun estudo adaptado para facer montaxe e edición de son en 5.1.
Xunto co deseño de son fago todos os procesos necesarios: conformado, edición de diálogos, ambientes e FX, ADRs e dobraxes, musicalización, mesturas, masterización e, finalmente as entregas necesarias.
